"ON"
SOLO DE DANZA CONTEMPORÁNEA/EXPERIMENTAL/URBANA
SINOPSE
De súpeto, un só dedo acende cada parte do meu corpo. A súa enerxía leva ás miñas vísceras a experimentar unha sacudida tan potente como a forza mínima que provoca violentos furacáns. Son os xestos sutís que envolven a atmosfera de caricias e enerxía vital.
A forza enerxética que comeza cun só dedo vai acendendo os interruptores de cada parte do meu corpo. Esta enerxía trasládase e toma forma, adquirindo movementos propios que, de forma inevitábel, proceden da miña experiencia vital e artística. Así, convírtome no propio movemento, ondulante, mecedor, tenso, lento, relaxado, rápido...
Ese principio, esa faísca é a que acende toda vida, o xerme vital. Unha semente, un embrión... Con todo, cando ese embrión xa é adulto, precisa de constantes sacudidas enerxéticas en forma de motivacións, xestos, sensacións que activan e acenden as luces do corpo.
Que forma ten? Todas.
Conecta co teu inicio, coa túa orixe, cos teus antepasados. Conecta tamén coa terra, que inevitablemente é a orixe de todo canto existe neste mundo.
“ON”: Enerxía en estado de transformación, fiel á súa esencia, á que lle dá sentido.
Dende a vida, os dedos tráenme recordos para que os asimile. O meu corpo enteiro dálles a benvida.
DESCRICIÓN:
“ON” é unha peza de Danza Contemporánea/Experimental prevista para unha soa bailarina. En canto á calidade de movemento podemos ver contraste de enerxías e atisbos dunha calidade ondulante e tensa propia do Poppin´ (Danza Urbana), sempre cunha base sólida de Danza Contemporánea. O certo é que “ON” é unha peza curta que fala a nivel de movemento de todas as miñas experiencias artísticas. É o resultado dun proceso de investigación na miña linguaxe de movemento.
“ON” es una pieza de Danza Contemporánea/Experimental prevista para una sola bailarina. En cuanto a calidad de movimiento podemos ver contraste de energías y pinceladas de una calidad ondulante y tensa propia de Poppin’ (Danza Urbana), siempre con una base sólida de Danza Contemporánea. Lo cierto es que “ON” es una pieza corta que habla a nivel de movimiento de todas mis experiencias artísticas. Es el resultado de un proceso de investigación en mi lenguaje de movimiento.
FICHA ARTÍSTICA
Creación e interpretación: Alba Fernández.
Duración: 13 min.
Video y fotografías: Raquel Castro.
Producción y distribución: Artestudio Xestión Cultural
Asesoramiento: Bárbara Monteagudo y Carmen Cotelo.
